Aneiros, Rosa

Tres bichicomas, dúas illas e unha serea / Rosa Aneiros - 1ª ed - Vigo : Xerais , 2020 - 152 p : il. col ; 19 cm - Colección Merlín; 283 .

Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse. Chámanlle así polo avó Edelmiro, e el tampouco lle gusta nada porque é un verdadeiro túzaro. Por iso, cando o seu pai lle anuncia que pasará o verán co avó en Marabilia, Edelmira non pode crelo. Van ser uns meses terribles!Mais todo muda na aburrida aldea coa chegada de dous nenos, André e Daniel, cos que inicia arriscadas expedicións na procura de corsarios choscos, frotas de flamengos e gatos con cola de dinosauro. Ata que algo aparece inesperadamente no mar para mergullalos nunha extraordinaria aventura que os converterá en afoutos bichicomas.

3º-4º Primaria

9788491215684


Aldea
Xogo
Amizade

82-NG

Coa tecnoloxía Koha