Fariña, Anxo

Os Megatoxos : E o aprendiz de druída / Anxo Fariña - 1ª ed - Vigo : A nosa Terra , 2007 - 123 p : il. col ; 21 cm - Os Megatoxos, 1 .

Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas muden para sempre.Decataranse de que teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os traballos de clase.Estraños poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas...

3º-4º Primaria

9788483411476


Poderes
Viaxe no tempo
Amizade

82-NG

Coa tecnoloxía Koha